18 de set. de 2025

A GUARDA

A OMIX de A Guarda organiza actividades de ‘Tardeo’ coas asociacións da vila

   


Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda coordínase de novo con asociacións da vila para organizar obradoiros de “Tardeo” e dinamizar así o ocio con diferentes actividades de balde para xente nova.  

 As actividades son tan diferentes como as propias entidades xa que contamos cun nutrido abanico de tecido asociativo, con ganas de participar e ofertar á poboación  nova alternativas e propostas atractivas. 




Os obradoiros son:       

• Basuraleza: venres 20 de setembro, 10:00-13:00 horas. Sede Cruz Vermella.     

• Combate escénico: venres 3 de outubro, 18:00-20:00 horas. Con FOCO no Centro Cultural.  

• Aplicacións en gancho: sábado 11 de outubro, de 16:00-18:00 horas. Sede Vento Mareiro no Albergue.     

• Clase maxistral de danza acrobática: sábado 18 de outubro, de 17:00 a 18:30 horas. Con Dansá no Recreo Artístico Guardés.     

• Cadros con area de cores: sábado 25 de outubro, de 11:00 a 13:00 horas. Coa Asociación Virxe da Guía na Aula do Concello.  

 As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade.    

 Para a inscrición nunha ou en varias das actividades, só hai que mandar un correo electrónico a informacion@aguarda.es co nome, teléfono, mail e as actividades nas que se quere participar por orde de preferencia. As inscricións pechan os luns antes de cada actividade. Agás para a actividade de basuraleza que debe facerse a inscrición a través do seguinte enlace: https://url-shortener.me/5724 

Ningún comentario:

Publicar un comentario