Abertas as inscricións para a XXIII Carreira pedestre popular Julia Vaquero
• Aberta a atletas de todas as idades, con distancias adaptadas segundo ano de nacemento
Infogauda / A Gándara (A Guarda)
Organizada pola Asociación Cultural de Veciños O Percamino, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello de A Guarda e Fe Seguros; a XXIII Carreira pedestre popular Julia Vaquero celebrarase o sábado 13 de setembro, dentro da programación das Festas das Mercedes.
As carreiras comezarán a partir das 18:00 horas, na praza Os Seixiños, de A Gándara. Haberá categorías masculina e feminina, e diferentes tramos de idades, con distancias adaptadas, segundo o ano de nacemento de cada atleta. Deste xeito, a organización da Carreira pedestre Julia Vaquero quere dar a oportunidade de participar a todas/os as/os atletas que queiran.
Todas as persoas que desexen participar poden inscribirse de xeito gratuíto ata o luns 8 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no correo opercamino@hotmail.com ainda que tamén poderán facelo no mesmo día na mesa de secretaría da carreira entre as 16:30 e as 17:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario