Roi Casal actuará na Guarda, traendo tradición e contemporaneidade coa súa arpa
• O concerto celebrarase na Alameda da Guarda, o venres 22 de agosto, ás 22:30h
Infogauda / A Guarda
O artista galego Roi Casal visitará á vila guardesa para ofrecer un concerto neste mes de agosto, incluído no ciclo +Música, da deputación provincial. A súa actuación será o próximo venres 22, ás 22:30 horas, na Alameda de A Guarda.
Roi Casal formou parte do grupo galego Milladoiro como arpista dende 2000 até 2009. Xa por solitario cos seus traballos céntrase na música tradicional dende unha perspectiva pop. Son destacábeis as letras de Rosalía de Castro e de Manuel María e do propio artista en varias cancións.
Ademais tamén ten interpretacións en colaboración con Xosé Neira Vilas.
Roi Casal fai unha interpretación da música galega dende unha visión contemporáneos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario