A finca de Fínola foi desbrozada para facilitar o aparcamento
• A chegada das máquinas da Mancomunidade dará comezo a novas obras e intervencións na vila
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, o aparcadoiro da finca de Fínola mantívose pechado para o desbroce e aplanamento do mesmo.
Durante a mañá, traballadores da Asociación San Xerome coas máquinas da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño realizaron os traballos de desbroce no devandito recinto de titularidade municipal. Non só se procedeu a limpeza no interior do aparcadoiro, senón tamén aos accesos pola rúa Rosalía de Castro e no muro da mesma rúa.
Ademais, tamén se procedeu ao aplanamento do aparcadoiro para eliminar calquera fochanca que puidera aumentar coa afluencia e uso deste céntrico espazo, situado entre as rúas Coruña e Rosalía de Castro.
«A chegada das máquinas da Mancomunidade dará comezo a novas obras e intervencións na vila», indicaron desde o executivo local que preside o alcalde Roberto José Álvarez Carrero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario