24 de xul. de 2025

A GUARDA

'Merca no teu comercio' entregou 20 tarxetas para consumir no comercio local  

A campaña realizouse nos comercios de A Guarda durante os primeiros quince días de xullo  


O director xeral de Comercio e Comsumo, da Xunta de Galicia, co alcalde A Guarda; o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra; a presidenta de ACIGU, e outras representacións, así como as persoas agraciadas na campaña

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 A praza de Avelino Vicente González acolleu na mañá de hoxe o acto de entrega dos premios da campaña 'Merca no teu comercio'.  

 Dese xeito fíxose entrega das 20 tarxetas de 50€ as persoas gañadoras do sorteo. No acto recordouse a importancia do comercio local "como motor da nosa vila".  

 Esta campaña desenvolveuse nos primeiros quince días de xullo, onde as persoas que compraron no comercio local participaban nun sorteo. 

 Ao acto acudiron o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e membros do goberno municipal; o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias; o director da oficina de Abanca de A Guarda, Juan González e a presidenta da ACIGU, Carmen Mª García Braga.  

 Asemade, tamén asistiron as persoas agraciadas no sorteo, as cales desfrutarán de 50€ para comprar no comercio local este ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario