4 de xul. de 2025

A GUARDA

Litus, Novoa e Pirata, ofrecen no TocaMúsica, o mellor plan para rematar a tarde cun concerto

•  Tocarán o xoves, día 10 de xullo, ás 21:00h, na praza do Reló




Infogauda / A Guarda

 Litus, Novoa, e Pirata. O cincuenta por cento da Banda de Late Motiv, tocarán o xoves día 10 de xullo, ás 21:00h, na praza do Reló. Será un espectáculo de tres amigos para rir, bailar, e gozar dos mellores temas de sempre.  

 Litus repite este ano no TocaMúsica tras a súa actuación hai un ano en solitario na rúa Vicente Sobrino. Este ano, acompañado por Novoa e Pirata, prometen un concerto caracterizado pola elegancia, bo gusto, e moito talento sobre o escenario.  

 “TocaMúsica é un programa que nos permite levar a música a diferentes recunchos e rúas da vila” declara o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, quen a súa vez afirma: “o que sempre dá ledicia e bo ambiente ás nosas rúas e veciñanza”.  

 Co bo acollemento de Mambas Negras a finais de maio, e coa estrea do grupo local Ínsua Band na cita precedente, agárdase, de novo, un concerto cheo de bo ambiente.  

 O programa TocaMúsica pretende ser unha cita que marcar na axenda, un evento divertido, onde a música é a protagonista e no que compartir un espazo público e un momento de ocio con amigas e amigos. 

 Este programa - que conta co apoio do plan +Provincia -  porá fin xa en agosto co concerto de Wonder Covers. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario