Bando: Uso responsable e racional da auga
Concello do Rosal
Ante o crecente consumo de auga da traída municipal, que actualmente duplica o consumo habitual, e a fin de evitar situacións que poñan en risco o abastecemento de auga potable a toda a cidadanía, faise un chamamento a todos os veciños e veciñas do Concello do Rosal para que fagan un uso responsable e racional da auga.
Neste sentido, prégase a tódolos cidadáns que fagan o esforzo de restrinxir o consumo da auga a usos exclusivamente domésticos (necesidades primarias da vida, preparación de alimentos e hixiene persoal).
De proseguir co ritmo actual de consumo, este concello verase na obriga de establecer medidas máis restritivas a curto prazo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario