O Programa para a Detección do Cancro de Mama dispón de autobuses gratuítos para as usuarias
• A campaña autonómica dará comezo mañá e está dirixida a mulleres de entre 50 e 74 anos
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda informa do inicio - a partir de mañá - da campaña anual do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, dirixido a mulleres de entre 50 e 74 anos.
Durante aproximadamente un mes, as participantes serán citadas para realizar unha mamografía na Unidade de Exploración do Hospital do Meixoeiro.
Como novidade este ano, as usuarias recibirán unha mensaxe SMS co aviso da súa cita, podendo modificar a data directamente a través da aplicación Sergas Móbil. Aqueles casos nos que non conste un número de télefono móbil asociado á tarxeta sanitaria seguirán recibido a notificación por correo postal.
As mulleres que reciban o SMS deberán premer na ligazón que aparece para ter acceso ás rutas e aos horarios de transporte gratuíto que facilita o Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama. Ademais, as usuarias da aplicación Sergas Móbil poderán modificar a súa cita a través dese medio.
Co obxectivo de facilitar a participación, o programa manterá tamén o servizo de autobuses gratuítos con saída desde o Centro Cultural de A Guarda e parada en Salcidos, fronte á igrexa de san Roque. Os horarios establecidos son:
• Primeiro autobús: saída ás 8:00 h desde A Guarda / 8:10 h en Salcidos
• Segundo autobús: saída ás 11:30 h desde A Guarda / 11:40 h en Salcidos
Para calquera dúbida ou máis información, poden chamar ao número 981 14 14 14.
Esta acción é un paso importante para a detección do cancro máis frecuente entre contrae un cancro de mama antes dos 75 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario