18 de abr. de 2025

VALENÇA DO MINHO

PRESENTACIÓN DOS SELOS DO LANÇO DA CRUZ  


O presidente da Câmara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira; membros da CTT Correios de Portugal; representantes das Comisións de festas de Nossa Senhora da Cabeça, de Cristelo Covo (Valença) e os de Sobrada (Tomiño); o representante do párroco da freguesía de Cristelo Covo; e representantes da Santa Casa da Misericordia, amosando os sobres cos selos dedicados ao Lanço da Cruz
Fotos: Marta Verde

Marta Verde Rodríguez / Valença do Minho

 A tarde de onte xoves, 17 de abril de 2025, no Arquivo Municipal Alberto Pereira de Castro, de Valença, un bocadiño máis tarde do anunciado, deu comezo a presentación dos catro selos dedicados o Lanço da Cruz.  


O presidente da Câmara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira nun momento da súa intervención

 O presidente da Câmara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira comezou a presentación destes selos agradecendo a presenza dos distintos membros da CTT Correios de Portugal; os representantes das Comisións de festas de Nossa Senhora da Cabeça, de Cristelo Covo (Valença) e os de Sobrada (Tomiño); o representante do párroco da freguesía de Cristelo Covo; representantes da Santa Casa da Misericordia, e o público asistente ó acto. 

 O señor Carpinteira, informou que o Lanço da Cruz vai ser presentada - seguramente que o próximo mes -, como candidata ao Patrimonio Cultural Inmaterial, xunto da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Portugal; explicando tamén ó público, en qué consiste esta tradición secular que unen as duas marxes do río Miño.  


Lourdes Alain, representante de filatelia da CTT, facendo uso da palabra

 De seguido, deu a palabra a Lourdes Alain, responsable da filatelia da CTT. Comezou a súa presentación agradecendo tamén o presidente e membros da Câmara Municipal de Valença, entidades públicas e privadas, os compañeiros da CTT e o público asistente.  

 Fixo un breve percorrido das emisións de selos dedicados ós municipios do norte de Portugal, como foi o selo da emisión conxunta de Portugal e India co traxe de mordoma de Viana do Castelo. O longo de décadas, Valença está reflectida en distintas emisións filatélicas polo seu valor do patrimonio histórico, relixioso e cultural. A primeira emisión relacionada con Valença foi en 1958, adicada Raínha Santa Isabel e a San Teotónio, primeiro santo portugués e nado na freguesía de Ganfei (Valença). No 2023, saíu unha emisión cos castelos e fortalezas da raia, e entre os sete selos da folla bloque, aparece a fortaleza de Valença do Minho.  


 Caixa de presentación dos selos, con cuño secatinta, tinteiro en prata e sobre 
Cartafol
Interior do cartafol



 Neste 2025, os CTT queren promocionar filatélicamente o Lanço da Cruz, presentando os catro selos nun carné. No anverso aparece un resumo do que é o tradicional Lanço da Cruz xunto os catro selos. A tarifa destes son para envíos de cartas nacionais ata 20 gramos de peso e cunha validez postal ata o 31 de decembro de 2027. As imaxes dos selos representan: a saída da Cruz Pascual da igrexa de Cristelo Covo; o encontro no medio do río coas embarcacións españolas de Sobrada e as portuguesas de Valença, e o cambio de cruces; a captura do peixe que será entregado o padre; e a chegada da Cruz a outra marxe do río onde se dará a bicar ós feligreses. No reverso aparece unha imaxe da beira do río cun fermoso solpor.  

 Para rematar ó acto, cada unha das autoridades representadas carimbou un sobre, e neses sobres, firmaron todas elas. 

 Ó público que asistiu a esta presentación fixéronlle entrega dun agasallo, consistente nun cartafol que porta no interior: o sobre de presentación cos catro selos e cuño de primeiro día de circulación e, o carnet.

Ningún comentario:

Publicar un comentario