12 de abr. de 2025

TUI

Abertas as inscricións para a Carreira Solidaria Popular de San Telmo 

 Este ano será o I Memorial Xosé Martínez Tato



 
 

Infogauda / Tui

 Están xa abertas as inscricións para a Carreira Popular de San Telmo que se vai celebrar o sábado, 26 de abril, organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, dentro das festas de San Telmo. Este ano será I Memorial Xosé Martínez Tato, en recoñecemento ao seu labor coma primeiro organizador deste evento deportivo, do que estivo ao fronte ao longo de moitos anos.  

 A inscrición, gratuíta, está aberta a través do formulario dispoñible na web  https://clubatletismotui.wordpress.com/carreira-san-telmo/  até o martes 22 ás 23 h. Na entrega dos dorsais, que terá lugar dende ás 9.30 h na praza da Inmaculada, realizarase a “Operación Quilo” coa recollida de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño – Baixo Miño.  

 Na Carreira Popular de San Telmo establécense distintas categorías dende os pitufos, nados nos anos 2020, 2021 e 2022, a prebenxamín, benxamín, alevín, ifantil, cadete, xuvenil – junior, senior e veteranos A e B.  As distancias oscilarán dende os 80 metros dos máis pequenos aos 6.150 metros das categorías superiores.   

 A saída terá lugar no paseo da Corredoira ás 11 h para as categorías xuvenil – junior, senior, e veterano A e B. Ás 12 h será para as categorías cadete e infantil; ás 12.15 h alevín; ás 12.30 h benxamín;ás 12.45  h prebenxamín, e ás 13 h as e os pitufos.  

 O regulamento da carreira pode consultarse na web do Club Atletismo Tui.  

 Inscrición  

Ningún comentario:

Publicar un comentario