8 de abr. de 2025

GALIZA

A CIG convoca asembleas e mobilizacións nas comarcas para reclamar da Xunta plans de recuperación e protección social 

 As mobilizacións, antesala do Primeiro de Maio, terán lugar nas sete cidades e Vilagarcía  

Infogauda / Compostela

 A CIG convoca, para mañá mércores, día 9 de abril, asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, que rematarán con protestas nas sete cidades e Vilagarcía. Mobilizacións nas que se reclaman tres medidas fundamentais: un plan galego de recuperación económica; un plan de protección social e plenas competencias para Galiza en materia laboral, económica e fiscal.  

 Nas asembleas analizarase tamén a situación actual e a posición da CIG ao respecto e farase un chamamento a participar nas concentracións convocadas por Galiza pola Paz para ese mesmo día pola tarde. 

CONCENTRACIÓNS / MANIFESTACIÓNS  

A central terá lugar na Coruña, onde estará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril. 

A Coruña.- 12.30h no Edificio de Usos Múltiples da Xunta (Praza Luis Seoane). 

Compostela.- 12:00h na Praza de Galiza 

Ferrol.- 12:00h diante do Edificio da Xunta (Praza Amada García) 

Lugo.- 12:00h no Edificio Multiusos 

Ourense.- 11.30h na Subdelegación do Goberno. 

Pontevedra.- A asemblea terá lugar na Biblioteca Pública  e ao remate, entre 11:30 e 12:00 horas, manifestación até a Xunta. 

Vilagarcía.- A asemblea celebrarase no Auditorio e ao remate, sairán en manifestación ata a Casa do Mar (INSS). 

Vigo.- Manifestación ás 12h desde a rúa Vázquez Varela, 15, até a Xunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario