REMO
A TRIPULACIÓN FEMININA SUB-23 DO CLUB DE REMO ROBALEIRA, CAMPIOA DE GALICIA DE BATEIS
Foto: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O deporte do remo de banco fixo volta a ser grata noticia na vila de A Guarda, xa que a tripulación feminina Sub-23, do Club de Remo Robaleira logrou onte domingo, 20 de abril de 2025, en augas de Bueu, o XL Campionato Galego Xunta de Galicia de Bateis, na súa categoría.
A tripulación que logrou ese campionato de Galicia estivo formada por Tecla Baz Baz, Claudia Dorado Acevedo, Esther Dorado Acevedo, Tania Dorado Acevedo, e Aitor Pérez Cadilla (temoneiro).
Fixeron a distancia dos 2.000 metros nun tempo de 00:10:16,52, impoñéndose a tripulación do Club de Remo Chapela, que parou o crono en 00:10:25,91; e a tripulación de Amegroge Club de Remo, que fixo un tempo de 00:10:33,82. A 4ª posición foi para o batel do Club do Mar de Bueu, cun tempo de 00:10:56,31, e a 5ª praza foi para o Club de Remo A Cabana, de Ferrol, cun tempo de 00:11:11,64.
Ningún comentario:
Publicar un comentario