10 de mar. de 2025

A GUARDA

A OMIX de A Guarda vai ensinarnos de xeito natural, sobre a protección da pel 

• A actividade desenvolverase o sábado 29 de marzo de 11:00 a 13:00h




Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda vai traer un obradoiro para coñecer de preto o mundo da cosmética natural.  

 O coidado persoal e natural da pel toman protagonismo na sociedade, polo que neste obradoiro poderase aprender máis sobre a orixe dos produtos e dar opcións para incluír na rutina diaria.  

 Aprenderemos a distinguir entre cosmética química e natural; o impacto sobre a saúde do medio; a interpretar o etiquetado; alternativas naturais e plantas, cos seus usos na cosmética natural.  

 A actividade desenvolverase o sábado 29 de marzo de 11:00 a 13:00h, e as inscricións xa están abertas a través do correo informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario