A corporación municipal de Tui celebrará pleno ordinario
• Este xoves, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello
Infogauda / Tui
Este xoves, 6 de febreiro, ás 20:00 h, na Casa do Concello, a corporación municipal de Tui, celebrará pleno ordinario coa seguinte orde do día:
1. Aprobación de actas de sesións anteriores: ordinaria do 28.11.2024 e extraordinaria urxente do 23.12.2024.
2. Toma de coñecemento do falecemento do sr. concelleiro Martínez Tato e solicitude de credencial da nova persoa concelleira.
3. Expediente 4646/2024. Ditame de aprobación da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto de construcións, instalacións e obras.
4. Expediente 176/2025. Ditame para aprobación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, en terreos de uso público local, asi como industrias na rúa, ambulantes e rodaxes durante a celebración das festas do Concello de Tui.
5. Expediente 3527/2024. Ditame resolución das alegacións presentadas no período de información pública trala aprobación inicial da Ordenanza reguladora do sistema de control de matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta) do Concello de Tui.
6. Expediente 1419/2023. Ditame de aprobación de representante do Grupo municipal do Partido Popular no Consello de Goberno da Radio.
7. Expediente 4677/2024. Ditame de informe favorable do Concello de Tui á solicitude de compatibilidade no Concello de A Guarda do profesor de instrumento trompeta Don Víctor Luis Alonso Treinta.
8. Expediente 4678/2024. Ditame de recoñecemento de compatibilidade a Dona Cristina Gómez Crespo, profesora de óboe, para desempeñar as seguintes actividades privadas por conta allea.
9. Expediente 4679/2024. Proposta de informe favorable a adscrición o segundo posto de profesor de instrumento saxofón 24 horas a semana de Don Jose Jorge Vicente Amorín, persoal laboral fixo a tempo parcial.
10.Expediente 4681/2024. Proposta sobre solicitude compatiblidade para 2ª actividade pública do profesor frauta travesa 19 h - Yago Vázquez Pateiro.
11.Expediente 4683/2024. Proposta sobre solicitude compatiblidade para 2ª actividade pública do profesor percusión 13 h - Juan Carlos Fernández Rodríguez
12.Expediente 4687/2024. Proposta de informe favorable de adscrición ao segundo posto de profesor de instrumento violonchelo 12 horas a semana de Don Luis Enrique Caballero Varona persoal laboral fixo a tempo parcial.
13.Expediente 658/2021. Proposta de orde de continuidade na prestación do servizo de axuda no fogar.
14.Expediente 617/2025. Expediente de modificación de créditos 2/2025 Crédito extraordinario 1/2025
15.Expediente 242/2025. Recoñecemento de créditos nº1 2025
16.Expediente 1118/2023. Toma de coñecemento de subrogación por fusión: entidade “VISALIA ENERGÍA S.L.” (NIF B67302489) nos dereitos e obrigas de “SYDER, COMERCIALIZADORA VERDE S.L.” dimanantes do LOTE Nº 1 do Contrato de Subministro de enerxía eléctrica. B) ACTIVIDADE DE CONTROL
17.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a a núm. 2024-1605-de 25/11/2024 ata a núm. 2025-0074-de 27.01.2025.
18.Dación de contas das subvencións e disposicións de interese da ADL dos meses de decembro de 2024 e xaneiro de 2025.
19.Rogos e prfeguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario