Compra con amor en Tomiño
• ADETO sortea un viaxe en barco polo río Miño, para celebrar San Valentín
Gonzalo Lomba / Tomiño
Aproveitando a chegada do Día dos Namorados, a Asociación de Comercio de Tomiño, ADETO, convida aos clientes do comercio local a comprar con amor: pensando nas persoas especiais que nos rodean e facéndoo no comercio de proximidade, apoiando así a economía local.
Por iso, en asociación con Río Miño en Barco, sortearase, entre todas as persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados, unha viaxe en barco polo río Miño con cóctel incluido.
Os clientes do comercio local recibirán desde o martes 4 ata o xoves 13 de febreiro papeletas para entrar no sorteo que se celebrará o día 14 de febreiro na sede de ADETO. O número gañador poñerase en coñecemento de todos os negocios participantes na campaña e publicarase na web e nas redes sociais de ADETO.
A campaña conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño, e enmárcase dentro das iniciativas para a dinamización do comercio local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario