A CIG-Industria desenvolverá mobilizacións nas catro provincias galegas para promover un acordo galego para a industria do metal
• Este xoves, 20 de febreiro, de 12:00 a 12:30 horas, haberá concentracións diante de ASIME en Vigo e das Confederacións de Empresarios/as da Coruña, Lugo e Ourense
Infogauda / Galiza
A CIG-Industria desenvolverá mobilizacións nas catro provincias galegas para instar as patronais do sector do metal a explorar a posibilidade de promover un acordo galego para a industria do metal.
As mobilización serán este xoves, 20 de febreiro de 2025, de 12:00 a 12:30 horas.
Previamente a central celebrará asembleas de delegados/as nos locais sindicais de Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense ás 10:00 horas para abordar a modificación lexislativa introducida no Estatuto do Traballadores/as que permite negociar convenios e acordos interprofesionais de comunidade autónoma que prevalezan sobre calquera outro convenio sectorial ou acordo de ámbito estatal.
A CIG aproveitará as concentracións diante das sedes patronais para facer entrega dun escrito solicitando a celebración de xuntanzas para tratar estas cuestións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario