6 de feb. de 2025

A GUARDA

A  OMIX de A Guarda abriu o prazo  para inscribirse na Escola de Patinaxe 

 A actividade comezará en marzo e desenvolverase ata o mes de maio no pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde

 


Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda trae este ano unha nova actividade para os nenos e nenas de 5 a 16 anos. 

 O prazo para a inscrición na Escola de Patinaxe xa está aberto a través do formulario: https://forms.gle/VVaBeRn9gjmXPo2N9  

 A actividade comezará en marzo e desenvolverase ata o mes de maio no pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde. Haberá dous grupos todos os venres. O primeiro de 18:30 a 19:30 horas; e o segundo de 19:30 a 20:30 horas.  

 Hai prazo ata o día 24 de febreiro para cubrir formulario e comezar a gastar roda patinando.  

 Para máis información, as persoas interesadas poden escribir a informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario