O Consorcio Casco Vello firma a venda de dúas novas viviendas públicas en Elduayen e Ferrería
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz firmou este mércores a venda de dous pisos
Foto: X.G.
Infogauda / Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, firmou este mércores a venda de dous pisos xa sorteados o pasado mes de novembro no edificio rehabilitado con fachadas a Elduayen e Ferrería, do barrio histórico vigués.
A representante autonómica certificou cos compradores a venda de dous das cinco vivendas adxudicadas polo CCVV o pasado 12 de novembro. O sorteo para a adxudicación da orde de selección das candidaturas admitidas, tanto en Elduayen 31 como Subida á Costa 9, tivo carácter público e levouse a cabo na sede administrativa da Xunta de Galicia en Vigo.
Ana Ortiz destacou que en 2025 o CCVV avanzará coas obras de rehabilitación dos edificios da rúa Elduayen 39-Ferrería 16 (cinco vivendas de protección autonómica e un local comercial), da rúa Hortas 2-4-San Sebastián 20 (dúas vivendas) e do inmoble da Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2 (dúas vivendas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario