22 de xan. de 2025

O ROSAL

A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa do Rosal


Un momento do encontro de traballo que mantiveron a conselleira de Vivenda e Planificación de Infrraestruturas, María Martínez Allegue, e a alcalde do Rosal, Ánxela Fernández Callís

Infogauda / O Rosal

 A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, ao que tamén asistiu Germán Fernández Rodríguez, concelleiro de Vías e Obras, Tráfico, Protección Civil, Saneamento e redes de subministro.  

 Nesta reunión, a conselleira e a rexedora abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio pontevedrés.  

 Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario