28 de xan. de 2025

A GUARDA

Charlas ao alumnado guardés para informar sobre a prevención de incendios   


O alumnado do CEIP As Solanas, colexio San Xerome, CEIP A Sangriña, colexio Padres Somascos, colexio San José e o CEIP Manuel Rodríguez Sinde recibíu charlas sobre a prevención de incendios e sobre as árbores frondosas e autóctonas

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de levar a cabo a campaña “Escudo frondoso” dirixida ao alumnado dos colexios da vila. Esta iniciativa busca protexer os bosques e o medio ambiente, implicando a todas as xeracións.  

 O alumnado do CEIP As Solanas, colexio San Xerome, CEIP A Sangriña, colexio Padres Somascos, colexio San José e o CEIP Manuel Rodríguez Sinde recibíu charlas sobre a prevención de incendios e sobre as árbores frondosas e autóctonas. Deste xeito, descubriron como eles tamén poden axudar, xa que a protección do medio ambiente é un deber de toda á cidadanía.  

 Tamén recibiron a visita de efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de A Guarda que lles amosaron ao estudantado como traballan ante este tipo de emerxencias naturais.  

 Ademais as visitas aproveitáronse para recoller as árbores que os pequenos coidaron desde o magosto e que se sumarán ás máis de 800 árbores que o Concello vai repartir entre os propietarios das parcelas da faixa de prevención de incendios.  

 Desde o Concello de A Guarda lembran que aqueles propietarios que queiran solicitar árbores poden facelo a través da sede electrónica ou do rexistro do Concello, antes do 31 de xaneiro, indicando a súa parcela e adxuntando unha fotografía do último ano da mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario