17 de dec. de 2024

DEPORTES

II MEMORIAL DANIEL GONZÁLEZ ADROVER DE FÚTBOL GAÉLICO 

  Este sábado 21 de decembro, ás 10:30 horas, no Estadio Municipal da Sangriña




 Grovias Futebol Gaélico / A Guarda

 Este sábado 21 de decembro, terá lugar na Guarda, no Estadio Municipal da Sangriña, o II Memorial Daniel González Adrover de fútbol gaélico, en homenaxe ao veciño da Guarda falecido o ano pasado por mor dun cancro de páncreas.  

 A xornada comezará ás 10:30 cun partido mixto con integrantes de Gróvias e Keltoi. Continuará cunha homenaxe a Dani ás 12:15 para rematar cun encontro da Selección Galega de Fútbol Gaélico masculina onde se enfrontarán un combinado do norte e un combinado do sur do noso país.  

 Organizado polas dúas equipas das que formou parte como xogador, Gróvias e Keltoi, o evento terá carácter solidario, cunha entrada a vontade da cal todo o recadado será destinado a investigación de tratamentos contra o cancro de páncreas. Quen non poda asistir pode colaborar por transferencia na conta ES40 0128 0181 8701 0005 1594.  

 Agardámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario