A Guarda prepárase para acoller a undécima edición do Trail do Trega
O próximo 17 de novembro
Infogauda / Deportes
O Trail do Trega volverá a celebrarse o próximo 17 de novembro no monte Santa Trega con dúas distancias: 12 e 18 km.
Trátase da terceira proba da Pontevedra Trail League, xunto as probas do Trail do Aloia e do Trail Adventure Muíños do Folón.
A carreira terá o seu punto de saída e de meta na Alameda para despois adentrarse na singular paisaxe do monte Santa Trega. A distancia de 12 kilómetros conta cun desnivel positivo de 500 metros, mentres que a opción de 18 kilómetros conta con 900 metros de desnivel positivo.
A saída efectuarase ás 10:00 horas para a distancia de 18 km, e unha hora máis tarde, ás 11:00 horas comezará a proba de 12 km.
As inscricións aínda se atopan abertas na páxina web da proba.
Os participantes que completen as tres probas da Liga, recibirán un agasallo ao rematar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario