Luisa Sánchez participou na presentación do Trail da Trega, a proba final da Pontevedra Trail League
Unha cita deportiva que se celebrará o vindeiro domingo 17 de novembro
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, co alcalde de A Guarda e membros do goberno municipal, na presentación da undécima edición do Trail do Trega
Foto: D.PO.
Infogauda / A Guarda
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores, xunto co alcalde de A Guarda e tamén deputado provincial Roberto José Álvarez Carrero, así como varios membros do goberno municipal, na presentación da undécima edición do Trail do Trega, unha cita deportiva que se celebrará o vindeiro domingo 17 de novembro e coa que chega ao seu fin despois das carreiras dos Muíños do Folón e Aloia a Pontevedra Trail League, coa que colabora a Deputación. "Esta é unha proba que é un éxito ano tras ano, porque transcorre por este espectacular monte Trega, un dos lugares máis visitados de toda a xeografía galega, e gaña cada vez máis adeptos", sinalou a vicepresidenta. Por iso Sánchez remarcou o apoio da Deputación a iniciativas como este Trail "que estou segura vai superar as cifras de participación da edición anterior".
A vicepresidenta provincial lembrou que o Goberno provincial aposta polo deporte "para crear unha sociedade máis activa e hábitos saudables na sociedade" e tamén como revulsivo turístico. "Queremos que a xente veña a practicar deporte e tamén a desfrutar da nosa gastronomía, da nosa cultura, na nosa xente, da nosa natureza – asegurou-. Porque sabemos, ademais, que cando veñen se converten, para sempre, en prescriptores da nosa provincia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario