A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas achegarase a Oia en decembro e terá nova localización
Infogauda / Oia
A unidade móbil de inspección técnica (ITV) de vehículos agrícolas estará en Oia os próximos 10 e 11 de decembro en horario de mañá (de 9:00 a 13:30 horas) e de tarde (de 15:15 a 18:00 horas). Ante as esixencias de maior superficie para instalar a unidade móbil, este ano cambia a localización do servizo, que se situará na Casa da Sociedade de Burgueira, e non en Torroña como viña acontecendo ata o de agora.
As persoas interesadas en solicitar cita para esta revisión de ITV destinada a tractores, remolques e máquinas autopropulsadas xa poden facelo chamando ao teléfono 981 928 080 ou na páxina web www.sycitv.com
Esta inspección ten carácter obrigatorio para tódolos vehículos agrícolas (tractores, remolques e máquinas autopropulsadas) cunha antigüidade superior a 8 anos e tamén para aqueles cuxa inspección non se atope vixente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario