12 de out. de 2024

VIGO

CIG-Servizos convoca folga na empresa Clece

 Para o luns 14 de outubro de 2024


Infogauda / Vigo

 Para o luns 14 de outubro de 2024, a CIG-Servizos convoca folga de catro horas por quenda (de 10:00 a 14:00, de 14:00 a 18:00 e de 2:00 a 6:00) na empresa Clece, que se encarga da limpeza na compañía da automoción viguesa GKN. Coincidindo cos paros os traballadores/as desenvolverán unha manifestación dende a porta principal de Stellantis até a entrada de GKN a partir das 13:00 horas. 

 Os motivos da convocatoria son denunciar os recortes en tempo efectivo de traballo para desenvolver as distintas tarefas das que se encarga o persoal, co conseguinte aumento do risco psicosocial, e rexeitar a vaga de despidos dos últimos meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario