24 de out. de 2024

TUI

Coral Martínez vai impartir un obradoiro de debuxo en Tui 

 Dentro do programa Boas Vibes 




Infogauda / Tui

 Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 horas celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral Martínez, licenciada en Belas Artes e docente especializada en cómic que ten traballado para DC Comis e Disney. Vai dirixido á mocidade de 12 a 18 anos.  Forma parte do programa Boas Vives. Para participar é preciso inscribirse en igualdade@tui.gal ou no formulario habilitado na web municipal tui.gal.  

 Mañá venres, tamén dentro do programa Boas Vibes, haberá un obradoiro para o alumnado de Secundaria a cargo da cantante, compositora, produtora, e directora coral Wöyza titulado “Rimas: batalla de equipos coas Gafas Moradas”. Logo Wöyza ofrecerá unha actuación para todo o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón.  

 Por outra parte, tamén mañá venres, o alumnado tudense de Secundaria asistirá a un obradoiro de danzas urbanas con Yara Juncal. O resultado destes dous obradoiros poderá verse o 25 de novembro cunha coreografía grupal xunto a Yara Juncal e o  tema musical reivindicativo froito do obradoiro impartido Wöyza, nun acto no que tamén se contará coa participación da poeta Yolanda Castaño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario