30 de out. de 2024

TUI

Realizados labores de mantemento nos campos municipais de fútbol Álvarez Durán e A Gándara, de Guillarei 

Os traballos, que contaron co apoio da Deputación de Pontevedra, consistiron no pinchado e aporte de area 


No día de onte, co apoio da Deputación de Pontevedra, leváronse a cabo os traballos de mantemento nos campos municipais de fútbol de céspede natural do “Álvarez Durán” e A Gándara, de Guillarei

Foto: C.T.

Infogauda / Tui

   O Concello de Tui mantén a súa aposta por contar coas instalacións deportivas nas mellores condicións para a práctica deportiva por parte dos distintos equipos. Nesta liña de traballo no día de onte, co apoio da Deputación de Pontevedra, leváronse a cabo os traballos de mantemento nos campos municipais de fútbol de céspede natural do “Álvarez Durán” e A Gándara, de Guillarei.  

 En concreto procedeuse a realizar labores de pinchado e aporte de area, necesarios para favorecer a permeabilidade da auga e mellorar a ventilación do chan, e que se adoitan facer nesta época do ano. Os traballos foron realizados de maneira conxunta polo persoal do ente provincial e do Concello de Tui, grazas ao programa de apoio no mantemento dos campos de fútbol aos concellos da provincia de Pontevedra.  

 Estas actuacións realizadas, as labores de escarificado realizadas no mes de xuño, e o traballo semanal realizado pola empresa de mantemento contratada polo Concello de Tui, fan posible que o Tyde F.C. e o C.F. Guillarei poidan competir nas súas instalacións de maneira regular.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario