25 de out. de 2024

TUI

Esta fin de semana celebrarase en Tui a IV Feira da Cabaza 

 O Mercado de San Antonio acollerá a actividade este sábado e o domingo, así como o próximo xoves 31  


Mercado de San Antonio
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Todo preparado no Mercado de San Antonio para acoller esta fin de semana a IV Feira da Cabaza organizada polo concello de Tui. O mercado de cabazas e produtos de outono, exhibicións de cociñado, cata, maxia, música en directo, un obradoiro infantil de Samaín ou unha charla sobre a alimentación saudable con cabaza forman parte da ampla programación prevista que comezará mañá sábado ás 10 h coa inauguración oficial.    

 Pór en valor a cabaza coma produto de temporada e dar a coñecer a súa versatilidade son parte dos obxectivos deste evento que dende a primeira edición conta cada ano cunha gran acollida.  

IV Feira da Cabaza 

No Mercado de San Antonio  

Sábado 26 de Outubro 

10:00 h Inauguración oficial e apertura do mercado de cabazas e produtos de tempada: cestería, marmeladas, cogomelos, castañas, noces, mel, galletas, queixos e embutidos.  

12:00 h Exhibición de cociñado con menú degustación maridada con viños da zona a cargo da chef Noelia Figueiras Vega, xerente de Ministerio del Fogón SL. *Inscrición Oficina de Turismo  

13:00 h Sesión vermú con D'Calle e Almacén Urbano.  

18:00 h Espectáculo de maxia "A maxia das cabazas do profesor Wocky".  

19:30 h Cata de viños e tapas de mercado con D'Calle e Almacén Urbano. Maridado con tapas elaboradas a base de cabaza e outros produtos de outono. Praza limitadas. Prezo: 25€/persoa. *Inscrición en Almacén Urbano  

20:30 h Actuación musical do saxofonista Marcos Sabor.  

Domingo 27 de Outubro 

10:00 h Apertura do mercado de cabazas e produtos de tempada.  

12:00 h exhibición de cociñado de receitas modernas con cabaza a cargo do cociñeiro Judicael Romero: "Innovacións con cabaza". *Inscrición Oficina de Turismo.  

13:00 h Sesión vermú con D'Calle e Almacén Urbano.  

17:00 h Obradoiro de Samaín: "Cociña de Hogwarts". Prazas limitadas para nenos de 3 a 11 anos. *Inscrición Oficina de Turismo 

19:00 h Charla: "A cabaza nunha alimentación saudable", por María López, nutricionista do Centro de Saúde de Tui.  

Xoves 31 de Outubro 

09:00 h Recepción de cabazas para o concurso-exposición con agasallo para os participantes, e premio á máis creativa e elaborada dun vale para unha cea na hostalería local.  

14:00 h Votación do xurado para determinar a "cabaza máis creativa e elaborada".  

16:00 h Pintacaras no mercado.  

17:00 h Truco-trato polo comercio local en colaboración con ACTUI.  

21:00 h Roteiro nocturno de Samaín polo conxunto histórico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario