Esta fin de semana celebrarase en Tui a IV Feira da Cabaza
• O Mercado de San Antonio acollerá a actividade este sábado e o domingo, así como o próximo xoves 31
Infogauda / Tui
Todo preparado no Mercado de San Antonio para acoller esta fin de semana a IV Feira da Cabaza organizada polo concello de Tui. O mercado de cabazas e produtos de outono, exhibicións de cociñado, cata, maxia, música en directo, un obradoiro infantil de Samaín ou unha charla sobre a alimentación saudable con cabaza forman parte da ampla programación prevista que comezará mañá sábado ás 10 h coa inauguración oficial.
Pór en valor a cabaza coma produto de temporada e dar a coñecer a súa versatilidade son parte dos obxectivos deste evento que dende a primeira edición conta cada ano cunha gran acollida.
IV Feira da Cabaza
No Mercado de San Antonio
Sábado 26 de Outubro
10:00 h Inauguración oficial e apertura do mercado de cabazas e produtos de tempada: cestería, marmeladas, cogomelos, castañas, noces, mel, galletas, queixos e embutidos.
12:00 h Exhibición de cociñado con menú degustación maridada con viños da zona a cargo da chef Noelia Figueiras Vega, xerente de Ministerio del Fogón SL. *Inscrición Oficina de Turismo
13:00 h Sesión vermú con D'Calle e Almacén Urbano.
18:00 h Espectáculo de maxia "A maxia das cabazas do profesor Wocky".
19:30 h Cata de viños e tapas de mercado con D'Calle e Almacén Urbano. Maridado con tapas elaboradas a base de cabaza e outros produtos de outono. Praza limitadas. Prezo: 25€/persoa. *Inscrición en Almacén Urbano
20:30 h Actuación musical do saxofonista Marcos Sabor.
Domingo 27 de Outubro
10:00 h Apertura do mercado de cabazas e produtos de tempada.
12:00 h exhibición de cociñado de receitas modernas con cabaza a cargo do cociñeiro Judicael Romero: "Innovacións con cabaza". *Inscrición Oficina de Turismo.
13:00 h Sesión vermú con D'Calle e Almacén Urbano.
17:00 h Obradoiro de Samaín: "Cociña de Hogwarts". Prazas limitadas para nenos de 3 a 11 anos. *Inscrición Oficina de Turismo
19:00 h Charla: "A cabaza nunha alimentación saudable", por María López, nutricionista do Centro de Saúde de Tui.
Xoves 31 de Outubro
09:00 h Recepción de cabazas para o concurso-exposición con agasallo para os participantes, e premio á máis creativa e elaborada dun vale para unha cea na hostalería local.
14:00 h Votación do xurado para determinar a "cabaza máis creativa e elaborada".
16:00 h Pintacaras no mercado.
17:00 h Truco-trato polo comercio local en colaboración con ACTUI.
21:00 h Roteiro nocturno de Samaín polo conxunto histórico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario