23 de out. de 2024

RANDUFE (TUI)

XI MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO 2024 

•  Entre o 09 e o 24 de novembro de 2024 na Casa Cultural da Asociación Cultural e Deportiva “XUNTANZA”




Asociación Cultural e Deportiva “XUNTANZA” / Randufe (Tui)


Sábado 09 de novembro de 2024 ás 19:00 horas: Inauguración da XI Mostra Teatral Miguel Troncoso 2024 a cargo do noso grupo de teatro “Chirlomirlo” coa obra “Don Juan”. Adaptación ó século XXI por parte dos nosos teatreiros da versión máis popular, a de José Zorrilla. 

Domingo 17 de novembro de 2024 ás 19:00 horas: Continuamos coa mostra e nesta ocasión contamos co Grupo de Teatro Aloia, da Asociación Cultural Aloia, de Pazos de Reis coa obra “Proceso pola sombra dun burro”. Adaptación que os nosos veciños e compañeiros fan dun texto de Friedrich Dürrenmatt. 

Sábado 23 de novembro de 2024 ás 19:00 horas:



 

 Presentamos un grupo de recente creación: A Aula Municipal de Teatro de O Rosal coa súa obra “Vila Marabilla”. Trátase dunha reflexión, en clave de humor, sobre as raíces e a identidade. É o resultado dun curso académico creativo a partir dos textos de Paula Carballeira, Celso Emilio Ferreiro, Jesús Castro Yáñez, Rosalía de Castro, Lewis Carrol e Edmond Rostand. 




 No remate, en torno ás 20:30, Magosto 2024!! Non podes faltar. 

Domingo 24 de novembro de 2023 ás 19:00 horas: 




 Remate da XI Mostra Teatral Miguel Troncoso co Grupo de Teatro Amador Rueiro do Centro Cultural Artístico Rueiro de Coia, Vigo. Vannos presenta-lo seu último traballo: “Profesión Precaria”. Trátase dunha adaptación que o propio grupo realiza da obra “Crise e Castigo” de Jean Pierre Martínez.

 Colaboran: Concello de Tui, Comunidade de Montes de Randufe (Tui) e Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario