1 de out. de 2024

PESCA

ORPAGU VOLVERÁ A AMOSAR A TÉCNICA DO RONQUEO DO PEIXE ESPADA

 Este mércores, 2 de outubro de 2024, ás 12:00 horas, na caseta de Interfish, en Conxemar (Pavillón 4)


O ronqueo é a arte de despezamento de peixe que usualmente emprégase con atúns pero en moi poucas ocasións co espada

Infogauda / Vigo

 A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) repite este ano en Conxemar cunha iniciativa que estrearon o ano pasado na feira e que causou sensación pola súa espectacularidade: o ronqueo de peixe espada. 

 O ronqueo é a arte de despezamento de peixe que usualmente emprégase con atúns pero en moi poucas ocasións co espada.  Esta técnica, dirixida principalmente a profesionais de peixarías e industria transformadora, permitirá o aproveitamento integral da especie. O evento, que dará comezo ás 12:00 horas na caseta de Interfish, contará coa participación de Roberto e Juan Francisco Pérez Castro, especialistas nesta técnica  

 Tras a exhibición haberá degustación de diferentes pratos elaborados polo chef de Chicolino con especies capturadas  pola frota da organización. 

 Lugar: Caseta de Interfish, en Conxemar (Pavillón 4). 

 Data: mércores, 2 de outubro de 2024. 

 Hora: 12:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario