O proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS avanza na busca dun futuro turístico transfronteirizo
Os socios do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS, promovido pola AECT Rio Minho, mantiveron a súa segunda xuntanza de seguemento na sede do CIM Alto Minho, en Valença
Foto: AECT Rio Minho
Infogauda / Valença
Os socios do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS, promovido pola AECT Rio Minho, mantiveron a súa segunda xuntanza de seguemento na sede do CIM Alto Minho, en Valença.
Os socios que forman parte deste proxecto e que estiveron presentes na reunión de seguemento son: AECT Rio Minho, CIM Alto Minho, Turismo de Porto e Norte de Portugal, Adriminho, Deputación de Pontevedra, Axencia de Turismo de Galicia, Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Concello de Tui, Concello de Salvaterra de Miño, Instituto Politécnico de Viana do Castelo e Universidade de Vigo.
Nesta reunión avaliáronse os avances nos traballos realizados e propúxose e aprobouse un cambio de anualidade que fora solicitado á Autoridade de Xestión. Ademais, traballouse en futuras actividades e accións previstas para o vindeiro ano e analizouse a posibilidade de pedir unha modificación.
O obxectivo do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS é contribuír ao desenvolvemento económico do territorio transfronteirizo do río Miño, aproveitando o potencial turístico que ofrecen os seus recursos endóxenos.
Por este motivo, o proxecto prevé a protección do medio natural e do patrimonio, a súa posta en valor e a súa utilización como atractivo para consolidar un destino turístico diferenciado, intelixente e sostible, para que deste modo contribúa á fixación de poboación no territorio e mellore o descenso e envellecemento da poboación.
AECT Rio Minho
O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) do río Miño, é unha persoa colectiva de dereito público conformada pola Comunidade Intermunicipal do Alto Miño e pola Deputación Provincial de Pontevedra, sendo así unha ferramenta de cooperación territorial transfronteiriza.
O obxectivo da AECT Rio Minho é facilitar e promover a cooperación territorial entre os seus membros, a través de accións conxuntas, que supoñan unha mellora para o territorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario