1 de out. de 2024

GONDOMAR

Presentación do libro Valentín Arias. Non pasou de baleiro polo mundo, de Xulián Maure e Xavier Senín

 O vindeiro venres 4 de outubro ás 20:00h, no local do IEM




Infogauda / Gondomar

 O vindeiro venres 4 de outubro ás 20:00h, no local do IEM (Aula de Cultura “Ponte de Rosas” - Avda. da Feira, 10 - baixo - Gondomar), terá lugar a presentación do libro Valentín Arias. Non pasou de baleiro polo mundo, de Xulián Maure e Xavier Senín. 

 Neste acto intervirán os autores; o editor Bieito Ledo; e o fillo de Valentín, Xoán Arias. 

 O libro está prologado por Xosé Manuel Beiras e remata cun epílogo dos fillos de Valentín. 

 Destácase deste mestre e editor o seu traballo inxente no mundo da tradución e da correción editorial que sobrepasa a máis de 200 títulos en lingua galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario