31 de out. de 2024

A GUARDA

O camiño Judela e a rúa Portela conta cunha rede de auga potable renovada  

Financiada polo Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra, cuxa subvención ascende a 131.637,06€


O alcalde, o tenente alcalde e o concelleiro de Infraestructuras,Vías e Obras, Servizo Cidadán e Personal, no camiño Judela
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 O camiño Judela e a rúa Portela conta cunha rede de auga potable renovada financiada polo Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra, cuxa subvención ascende a 131.637,06€.  

 Desde o goberno municipal refiren que "a intervención era altamente necesaria polo deterioro das tuberías que ocasionaban fugas frecuentes. Isto traducíase nunha perda de auga importante, falta de servizo para os veciños e socabamento do asfalto, que derivaba en fochancas perigosas para a seguridade de peóns e vehículos.  

 Coa renovación da rede de auga e o novo asfaltado garántese un servizo aos usuarios, ademais de conseguir aforro de auga e mellorar a seguridade de vehículos e peóns."

Ningún comentario:

Publicar un comentario