18 de out. de 2024

A GUARDA

O BNG ACUSA  AO ALCALDE DA GUARDA DE IMPORTANTES IRREGULARIDADES  NA CONTRATACIÓN  DO TREN TURÍSTICO  

Anxo Baz: “A contratación deste servizo carece da máis mínima transparencia e descoñécese a onde foron parar os cartos cobrados aos usuarios”  


Anxo Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BNG de A Guarda fixo público este venres día 18 de outubro de 2024, a seguinte nota de prensa:

 O BNG esíxelle ao Alcalde que aclare dunha vez as importantes irregularidades cometidas na contratación do tren turístico para este verán que acaba de rematar. Non consta quen aprobou os prezos públicos que tiveron que pagar os usuarios nin tampouco existen os informes preceptivos que tiñan que emitir distintos departamentos do Concello para poder aplicalos.  

 Anxo Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda considera que o proceso de contratación foi totalmente irregular e carece da máis mínima transparencia. Descoñécese os apaños aos que chegou o Alcalde  coa empresa e a onde foron parar os cartos cobrados aos usuarios xa que por outra parte a empresa recibiu 15.000 € do Concello por facer o servizo. 

 O nacionalista acabou concluíndo que Carrero ten que dar moitas explicacións por este proceso repleto  de presuntas ilegalidades e aclarar a onde foron parar os cartos cobrados as persoas que utilizaron o servizo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario