1 de out. de 2024

A GUARDA

‘Etéreo’: un sorprendente espectáculo de maxia

 Este sábado, 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural. Entrada libre ata completar a cabida do salón de actos




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público que o próximo sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural, haberá un espectáculo de maxia, que leva por título xenérico Etéreo.

 Trátase dunha nova creación de Samuel Moreno, un mozo do Baixo Miño que xa mostrou a súa maxia por diferentes canles de televisión, así como en vilas e festivais de España.   

 Etéreo é un espectáculo de maxia, rompedor e participativo, onde  todas as decisións tomadas polo público levarán a un final único en cada función. Este espectáculo non está recomendado para menores de 5 anos.  

 Na súa actuación Samuel Moreno mestura á maxia co humor, música e tecnoloxía, para sorprender ao público e crear unha experiencia adaptada ao século XXI. 

 Entrada libre ata completar cabida do salón de actos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario