FALADOIROS DO IEM
Ciclo arredor da Historia Moderna
Anxo Rodríguez Lemos, será o próximo convidado
• Este venres, 20 de setembro, ás 20:00 horas, no local do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas - Avda. da Feiras, nº 10 - baixo - Gondomar)
Ricardo Rodríguez Vicente / Gondomar
O Instituto de Estudos Miñoranos continúa con Faladoiros do IEM, e de xeito máis concreto co ciclo arredor da Historia Moderna.
Nesta ocasión, o convidado será o profesor e historiador Anxo Rodríguez Lemos (Baíña - Baiona, outubro de 1994). Doutor en Historia; contratado postdoutoral da Universidade de Santiago de Compostela. Foi integrado como investigador nos proxectos do Plan de I+D+i, dirixidos por Ofelia Rey; Premio Xesús Ferro Couselo, 2022, polo seu traballo de investigación titulado: "Entre aparicións, promesas e romarías; a relixiosidade nos santuarios galegos de época moderna (séculos XVII-XIX)"; Cronista oficial da Vila de Baiona,...
Anxo Rodríguez Lemos será presentado por Xulián Maure Rivas (Vigo, novembro de 1941). Ensaísta e editor; licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca; e en Filoloxía Románica, pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutor en Filosofía e Letras,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario