2 de set. de 2024

A GUARDA

Os  accesos á fortaleza de Santa Cruz xa están renovados   


Aspecto que presenta actualmente o acceso á fortaleza de Santa Cruz pola Porta de Socorro
Fotos: C.A.G.
Aspecto que presenta actualmente o acceso á fortaleza de Santa Cruz pola Porta da Vila


Infogauda / A Guarda 

 Os accesos á fortaleza de Santa Cruz foron renovados e mellorados. Ademais da aparencia exterior, renováronse os servizos pluviais dos camiños que dan acceso á Porta da Vila e a Porta do Socorro dese recinto amurallado.  

 Como última fase do proxecto, instalarase iluminación na muralla para aumentar a visibilidade deste patrimonio local. 

Horarios de visita

 O horario da fortaleza para o mes de setembro é de 10 a 21 horas. 

 En outubro pechará ás 19 horas e dende novembro ata o mes de febreiro o horario redúcese ata as 18 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario