O Concello de A Guarda oferta un curso gratuíto de capacidades tecnolóxicas básicas para maiores
Infogauda / A Guarda
Xa están abertas as inscricións para o curso gratuíto de “Mellores acompañados”. Trátase dunha actividade - promovida pola Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de A Guarda - enfocada nos maiores para o ensino de novas tecnoloxías de uso diario e que poidan ser deste xeito, máis independentes.
A formación levarase a cabo na aula multiusos (Casa dos Alonso) do Concello de A Guarda, os luns 30 de setembro; e o 7, 14 e 21 de outubro, de 10:00 a 12:30 horas.
En principio están previstas entre 15 e 20 prazas, con posibilidade de aumentar en caso de que exista demanda.
Nesta formación aprenderán como usar servizos habituais na vida diaria: máquinas de quendas, caixeiro automático, teléfono móbil ou a aplicación SERGAS Móbil.
Trátase dunha formación totalmente gratuíta. A inscrición levarase a cabo no departamento de Servizos Sociais do Concello, tanto de xeito presencial como mediante chamada a teléfono 986 61 45 07.
Ningún comentario:
Publicar un comentario