31 de ago. de 2024

SALCIDOS (A GUARDA)

A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA ACTUOU NA PRAZA DE SALCIDOS

 Dentro do proxecto Concertos nas parroquias, 2024


Unos dos momentos no que Victor Luis Alonso Treinta, director da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixiuse ao público que asistiu ao concerto na praza de Salcidos para presentar cada unha das obras a interpretar

Foto: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos

  Co mellor entusiasmo de todos e cada un dos seus compoñentes e membros da xunta directiva; na tardiña de onte venres 30 de agosto, na praza de Salcidos, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda ofreceu un concerto.

 A devandita actuación forma parte do proxecto Concertos nas parroquias, 2024, co que a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, en colaboración co Concello guardés, quere levar a música a todas as parroquias do municipio. 

 No concerto de onte, os integrantes da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda vestían unha indumentaria axeitada a estación de verán (polo de cor negra - co logotipo da Agrupación Musical de A Guarda -, pantalons vaqueiros e tenis). Roupa e calzado cómodos que contribuiron a amosar diante do respectable público - entre o cal se atopaban Roberto José Álvarez Carrero e Óscar Alonso Álvarez, alcalde e 1º tenente de alcalde, respectivamente, do Concello de A Guarda, así como a ex alcaldesa Purificación Álvarez Álvarez e a ex concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez -, a versatilidade da devandita Agrupación Musical de A Guarda. 

 E ao mesmo tempo, coidamos que tamén serviu para acreditar que a banda de música é un magnífico espazo cultural e de convivencia interxeneracional. Proba diso é que entre os músicos hai un compoñente que naceu en 1947 e - nesta ocasión - tamén unha música de tan soio 4 anos de idade. 

 E así, nun enclave público, sen ningún tipo de barreiras, cunha temperatura moi grata, e diante dunha audiencia procedente das tres parroquias do concello de A Guarda, e mesmo tamén doutras localidades; a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, interpretou o seguinte programa:

• The Liberty Bell, de John Philip Sousa.

• La del Soto del Parral, de Reveriano Soutullo e Juan Vert.

• Mar i Bel (Fantasía española), de Ferrer Ferrán.

• Santana a portrait, Carlos Santana. (Arranxos: Giancarlo Gazzani.

 Abba Gold, de Abba. (Arranxos: Ron Sebregts).

Nino Bravo en concierto. (Arranxos: Manuel Calero García).

Delilah, de Tom Jones.

Uprising, de Muse.

Mozos do Penedo (muiñeira), de Manuel Nóvoa González. 

Pasodobre guardés, de José Luis Lorenzo Rodríguez.

 A actuación da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda contou en todo momento co apoio do respectable público que se dignou asistir ao concerto, premiando con merecidos aprausos todas as obras interpretadas. 

 En todo caso, este cronista decatouse da non asistencia de máis persoas, tanto de Salcidos como doutros lugares do termo municipal. Pero iso, obviamente, forma parte da liberdade de cada individuo. Con certeza que a moitas lles quedará pena de non haberse achegado e gozar do concerto.

 A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda é unha fermosa realidade grazas ao empeño de todos os seus membros (director, músicos, profesores, directivos, familias,...), e do apoio que achegan institucións, comisións de festas, e particulares, facendo viable unha entidade desas características e da que todos nos sentimos orgullosos da súa existencia e brillante traxectoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario