27 de ago. de 2024

RIBADAVILA (A GUARDA)

As Festas da Guía volven este ano coa carreira máis solidaria   




Infogauda / A Guarda  

 As Festas da Guía arrancarán este mércores coa tradicional salva de bombas e a novena, como comezo dos actos relixiosos. 

 Asemade, este domingo 1 de setembro a partir das 18:00 horas comezarán as carreiras pedestres populares,que se dividen en categorías por idades, e entre feminina e masculina. Aínda que as inscricións xa se poden realizar no correo asociacionfestasdaguia@gmail.com o mesmo día poderase realizar na praza da Guía ata ás 17:30 horas.  

 Ao igual que na edición precente, a carreira é de carácter solidario coa Asociación “Un sorriso que ilumine o mundo”, para a Asociación Cáncer de Páncreas (ACANPAN). Non é preciso correr para participar de xeito altruista, xa que poderase ter un dorsal de xeito solidario.  




 Para a semana seguinte haberá verbena o venres, día 6, e o sábado día, 7; así como pasacalles o sábado e o domingo. Ademais, o sábado 7 pola tarde, celebrarase unha festa infantil con actividades e inchables para os máis pequenos.   

 Para rematar, o domingo 8, celebrarase a tradicional misa ás 12 da mañá e as poxas ás 5 da tarde, tras as cales terá lugar unha gran tirada de fogos de artificio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario