Vento Mareiro organiza o Serán da Guía
Para este sábado 31 de agosto, a partir das 21:30 horas, na praza da Guía
Infogauda / A Guarda
A Agrupación Folklórica Vento Mareiro organiza este sábado, 31 de agosto de 2024, o Serán da Guía.
A partir das 21:30 horas, a praza da Guía acollerá as actuacións de grupos tradicionais. Asemade, tamén actuará a Charanga Patocar.
Todos os grupos que queiran participar neste serán están invitados.
Ademais, durante o serán, haberá sorteos de lotes de produtos entre o público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario