13 de xuño de 2024

TUI

A piscina municipal de Tui abrirá as súas portas este sábado, 15 de xuño

Manténse o horario e prezos de temporadas anteriores. Ao remate da temporada estival iniciaranse as obras de mellora das instalacións


Piscina municipal de Tui 
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 As piscinas municipais de Tui  xa están preparadas para unha nova temporada estival. Dese xeito, logo das obras de mantemento e posta a punto da instalación este sábado as piscinas abrirán as súas portas ao público. Este servizo contará co horario habitual doutras temporadas que será de luns a venres de 13.30 a 20.30 h, e os sábados, domingos e festivos de 12.30 a 20.30 h.  

 Non varían tampouco os prezos. A entrada individual de adulto terá un prezo de 2€ e a infantil para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e a de persoas xubiladas será de 1,5€. Unha temporada máis haberá bonos de baños cun prezo de 40€/persoas adultas e 35€/infantil e de persoas xubiladas.  

 A piscina permanecerá aberta ata o domingo 9 de setembro.  

 Rematada a temporada estival comezarán as obras de reforma e mellora das instalacións que serán subvencionadas polo Consello Superior de Deportes cunha achega de 197.489,35 euros con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.  

 O proxecto a executar permitirá actualizar este servizo con actuacións que redundarán na mellora da eficiencia enerxética solucionando os problemas de perda de auga , renovando os equipos técnicos e mellorando a infraestrutura exterior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario