17 de xuño de 2024

PONTEVEDRA

Na sede de Pontevedra do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra 

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA SANITARIA EN FARMACIAS SOBRE INFECCIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL “ROMPE A CADEA DE CONTAXIO” 

• O obxectivo desta campaña é concienciar aos mozos sobre a necesidade de protexerse das ITS 

• Desenvolverase nas farmacias da provincia de Pontevedra nas próximas semanas


Un momento da xornada formativa sobre ITS dirixida a farmacéuticos celebrada a pasada semana
Foto: C.O.FF.PO

Infogauda / Pontevedra  

 Tras a exitosa xornada formativa sobre ITS dirixida a farmacéuticos celebrada a pasada semana organizada en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra pon en marcha nas farmacias da provincia unha Campaña Sanitaria sobre Infeccións de Transmisión Sexual. 

 A presentación da Campaña aos medios de comunicación realizarase o martes día 18 de xuño ás 10.30 h no salón de actos da sede de Pontevedra do Colexio, situada no número 10 da rúa Echegaray. 

 Esta iniciativa xurdiu no seo da institución ao estudar os alarmantes datos da OMS, que revelan que cada día máis dun millón de persoas contraen unha ITS o que se relaciona, entre outros factores, cun aumento crecente das prácticas sexuais de risco e unha falta de educación sanitaria nesta materia, especialmente en persoas mozas. 

 A Campaña Sanitaria, que leva por título “Rompe a cadea de contaxio”, quere chamar a atención da sociedade sobre o incremento de ITS e concienciar aos mozos sobre a necesidade de protexerse das ITS utilizando á súa contorna como canle de comunicación. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario