A CIG TEN CONVOCADAS CONCENTRACIÓNS NAS SETE CIDADES GALEGAS
Para este mércores, 19 de xuño
Para denunciar que o RD 2/2024, de 21 de maio, non recolle que o permiso parental sexa retribuído ou que o permiso de lactación cando se opta pola súa acumulación sexa de 28 días
Infogauda / Galiza
A CIG ten convocadas para este mércores, 19 de xuño, concentracións nas sete cidades para denunciar que o RD 2/2024, de 21 de maio, non recolle que o permiso parental sexa retribuído ou que o permiso de lactación cando se opta pola súa acumulación sexa de 28 días, tal e como afirman voces do Goberno español.
As mobilizacións convócanse na véspera do debate e convalidación do Real Decreto no Congreso español.
Horas e lugares:
• A Coruña: ás 12h, na Delegación do Goberno (Praza de Ourense). Nesta protesta participará a secretaria confederal de Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, que fará declaracións aos medios ao inicio da mesma.
• Compostela: ás 12h, diante do INSS (rúa Carlos Briones- rúa Galeras).
• Ferrol: ás 11:30h, diante do INSS (rúa Catalunya).
• Lugo: ás 12h, na Subdelegación do Goberno (rúa Armanyá).
• Ourense: ás 11h, na Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro).
• Pontevedra: ás 11:30h, na Subdelegación do Goberno (Praza de España).
• Vigo: ás 11h, na área de Traballo e Asuntos Sociais da Subdelegación do Goberno (rúa Cánovas del Castillo, 18).
Ningún comentario:
Publicar un comentario