13 de xuño de 2024

A GUARDA

TocaMúsica trae dúas citas este xuño ás rúas guardesas 

  


Infogauda / A Guarda

 O programa TocaMúsica traerá música á Alameda este sábado 15, a partir das 23 horas, co picadiscos Diego Mariño.  

 Unha semana máis tarde, o sábado 22 de xuño, a partir das 22:00 horas, na Praza do Reló, actuará o grupo Castro y Los Escoltas. 

 O programa TocaMúsica, que conta co apoio do Plan +Provincia, descansará ata xullo para volver con novas actuacións musicais. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario