17 de xuño de 2024

A GUARDA

O Concello ten solicitadas as novas pasarelas para a praia de Camposancos

 

Vista parcial da praia de Camposancos
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda  

 O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, luns 17 de xuño de 2024, que "a praia do Muíño (sic) sufriu importantes danos debido ás intensas e continuas chuvias do inverno e a primavera. Ademais a erosión provocada polo río Miño e as mareas, é cada vez máis notable a simple vista.  

 Por iso, tras unha primeira intervención en abril, solicitouse ao Servizo Provincial de Costas de Pontevedra o permiso para o acondicionamento integral da praia e a colocación de dúas novas pasarenas.  

 As dúas pasarelas solicitadas pretenden facilitar o acceso á praia a todos e todas aqueles que queran desfrutar dela. Agardamos ter en breve o permiso para levar a cabo as actuacións pertinentes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario