7 de maio de 2024

TOMIÑO

Tomiño celebra o Día do Orgullo cun xogo de escapismo ao aire libre  

 A OMIX organizará esta actividade o venres 28 de xuño de 20 a 22 h. Inscricións abertas na web municipal  




Infogauda / Tomiño 

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño vai conmemorar o Día do Orgullo dun xeito diferente: cun emocionante xogo de escapismo ao aire libre nunha versión adaptada ao centro do municipio. Dese xeito, o vindeiro venres 28 de xuño, Tomiño ofrecerá unha experiencia única e enriquecedora chega de desafíos e enigmas apaixonantes, da man da cooperativa galega de habitacións de escape urbanas personalizadas Skeirrum.  

 O xogo ofrecerá unha experiencia inmersiva na que as persoas participantes terán que resolver diferentes probas e superar retos mentres percorren as rúas, prazas e parques do centro de Tomiño, facendo que en cada curruncho haxa segredos á espera de ser descubertos.  

 As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través do formulario habilitado na web municipal. A actividade desenvolverase de 20.00 a 22.00 horas e terá un custo por persoa de 15 euros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario