A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia
• O próximo 28 de maio, diante do Concello, de 16.00 a 21.00 horas
Infogauda / Oia
A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o martes 28 de maio. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.
Os requisitos xerais para facer unha doazón de sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Cómpre almorzar pola mañá e, despois do xantar, ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir. Á hora de presentarse é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.
Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900 100 828, o correo electrónico doadoressangue.ados@sergas.gal e a web https://ados.sergas.gal
A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas.En Galicia son necesarias máis de 400 doazóns diarias, tendo en conta que os hospitais da comunidade atenden unha media de 2.800 urxencias, 800 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos e tecidos, entre outras actividades.
Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario