O Concello saca a licitación a concesión de tres postos no Mercado do Rosal
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal continúa dando pasos na dinamización do comercio local, nesta ocasión sacando a licitación a concesión de tres postos no remodelado mercado municipal, situado na Praza do Calvario, en pleno centro urbano. “É un paso moi importante para seguir fortalecendo o comercio local, xerando novas oportunidades entre as e os emprendedores rosaleiros e ofrecendo á veciñanza novos servizos”, explica o concelleiro de Comercio, Alejandro González, que convida ás persoas interesadas a presentar as súas propostas e sumarse á oferta do mercado municipal.
Trátanse de tres postos dirixidos a diferentes actividades comerciais. Deste xeito, sae a licitación o posto número 2, de 13,40 metros cadrados e que está destinado a carnicería; o posto número 3, de 9,45 m2 e pensado para usarse como panadería e o posto número 4, de 13,90 metros cadrados, no que se poderán levar a cabo servizos de alimentación en xeral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario